O Concello de Lousame e AAVV Zernadas de Castro organizan a 1ª Andaina das Letras en homenaxe ao cura de Fruíme

05 Maio 2025

O Concello de Lousame e a Asociación de Veciños Zernadas de Castro de Fruíme organizan este domingo 11 de maio a primeira edición da Andaina das Letras, un intinerario-exposición co que se pretende homenaxear e poñer en valor a vida e obra de Diego Antonio Zernadas de Castro, o cura de Fruíme, para o que ambas entidades levan tempo solicitando que se lle dedique un Día das Letras Galegas.

Esta Andaina das Letras, explicou o Concello, “é unha iniciativa familiar, aberta a persoas de todo tipo de condición física xa que apenas son 5 quilómetros de percorrido, con saída e meta no Adro da Igrexa de Fruíme”.

Cada 500 metros, as persoas participantes poderán ver unha lámina sobre a vida e obra de Diego Antonio Zernadas de Castro (1702-1777).

A participación é totalmente gratuíta, se ben é necesario anotarse previamente na web de Bandoticket.

Dende a organización lembran que Zernadas foi un namorado orgulloso da súa terra, defensor sen concesión da súa cultura ultraxada. “E fíxoo un século antes de Murguía, Rosalía, Pondal ou Curros e dende unha aldea como Fruíme, onde tampouco descoidou a atención aos seus fregueses, a quen non só axudaba desde o púlpito senón tamén suando na leira pois, entre outras cousas, foi quen introduciu o cultivo do millo en Fruíme e quen lle ensinou aos seus habitantes a cultivalo”, sinalaron.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.