O Concello de Boiro organiza o vindeiro sábado 24 de maio a xornada convivencia Vedra a través, un roteiro educativo para coñecer Vedra e arredores en familia.
A actividade consistirá nunha visita guiada polos xardíns do pazo de Santa Cruz de Ribadulla; unha xincana “Misión imposible” para facer en familia; visita á ponte de Gundián; xantar campestre e xogos tradicionais.
A saída será ás 9.00 horas da parada da Cachada (diante da Casa da Cultura) e o regreso previsto a Boiro ás 19.00 horas.
Para participar é preciso inscribirse previamente na Casa da Cultura ou no teléfono 981 84 84 25.





