O Concello de Boiro e Barbantia organizan a XIV edición da Romaría das Letras o vindeiro 17 de maio

08 Maio 2025

O Pazo de Goiáns acolle o vindeiro 17 de maio a XIV edición da Romaría das Letras do Barbanza da man do Concello de Boiro e a Asociación Cultural Barbantia. A concelleira de Cultura, María Outeiral, e a presidenta de Barbantia, María Xesús Blanco, presentaron o programa de actividades.

Despois das 17 bombas de palenque, ás 11.30 horas abrirá a feira artesá e literaria cos stands dos colectivos colaboradores como Sancosmeiros, Artesanías Amorote, Sin Norte Creativas, Palilleiras Revolteir@s e Ganchilleiras de Bealo, librarías Espazo Nobel de Boiro e LER da Pobras, Che Tembra, Rositas Artesanía, Adanegra… durante o día haberá tamén un obradoiro de instrumentos tradicionais con Os Menestreis a cargo de Xulio Gutiérrez e un photocall de traxe tradicional galego.

Ás 12.00 horas actuarán no escenario grande AC Pedra da Aroña e Grupo Abeloura e ás 13.30 horas As mulleres que cantan, foliada homenaxe coas cantareiras Mar de Cabo, Lumieira, Xoaniñas, Aroña e Abanqueiro.

Logo do xantar popular, o programa de actividades reiníciase ás 16.00 horas co acto institucional e presentacións literarias no interior do Pazo. Celia Díaz presentará o seu libro A avoa canta como a catovía e Carlos Callón Maxicamente vella, eternamente nova. Ademais celebrarase a entrega institucional da peza da Serea de Susi Gesto e un espectáculo teatralizado do grupo Airiños de Rianxo.

Ás 17.00 horas Marta Ríos fará unha visita teatralizada para familias; ás 18.30 horas baile galego con Xilbarbeira e grupo de Baile de Abanqueiro e para rematar a xornada concerto con Carmela e Nunca é Tarde.

A concelleira de cultura, María Outeiral, animou a toda a veciñanza de Boiro e a contorna a que asista a Goiáns para desfrutar desta Romaría das Letras: “É un dia para desfrutar en familia de todas as actividades culturais e da nosa tradición, polo que animamos á xente a que se caracterizarse con algún elemento da roupa tradicional galega”.

Programa de actividades ao detalle

11.00h – Apertura do recinto e recibimento participantes da XIV Romaría das Letras no Barbanza

11.30h – Apertura da Feira artesá e literaria cos stands dos colectivos colaboradores e a exposición dedicada ás Cantareiras, homenaxeadas co Día das Letras Galegas 2025.

12.00h – Actuación de baile galego no escenario grande do Pazo: AC Pedra da Aroña e Grupo Abeloura

13.30h – As mulleres que cantan, no xardín do Pazo: foliada homenaxe coas cantareiras Mar de Cabo, Lumieira, Xoaniñas, Aroña e Abanqueiro.

14.30h – Xantar no Pazo de Goiáns con polbeira e viños da terra.

16.00h – Acto institucional e presentacións literarias no interior do Pazo

• Presentación do libro A avoa canta como a cotavía de Celia Díaz Núñez. Ilustracións de Alba Santa. Editorial Galaxia

• Presentación do libro Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega, de Carlos Callón. Editorial Xerais

• Entrega institucional da peza da Serea de Susi Gesto realizada no obradoiro do ano 2024.

• Espectáculo teatralizado o grupo Airiños de Rianxo

17.00h – Visita teatralizada para familias con Marta Rios

18.30h – Vaile galego na eira do Pazo: Xilbarbeira e Grupo de Baile de Abanqueiro

19.30h – Concerto con Carmela e Nunca é tarde

20.30h – Foliada aberta

22.00h – Remate da XIV Romaría das Letras no Barbanza

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...