O Concello de Boiro acomete o arranxo do peche perimetral do CEIP Praia Xardín

15 Maio 2025

O Concello de Boiro está a levar a cabo actuacións para o arranxo do peche perimetral do CEIP Praia Xardín, unha actuación que, segundo lembran dende o Consistorio, acordouse coa ultima xuntanza mantida coa dirección técnica da Consellería de Educación na que foi confirmada a intención da Xunta de Galicia de levar a cabo o arranxo integral na próxima anualidade.

Nesta xuntanza o Concello acadou o compromiso de acometer o arranxo do peche perimetral, que era unha das principais demandas trasladadas dende a ANPA, e a Consellería de Emprego comprometeuse ao arranxo integral do centro na próxima anualidade. “Trátase dunha actuación moi necesaria pois a edificación conta con máis de 40 anos e precisa dunha reforma en profundidade para seguir a prestar os servizos educativos que presta na actualidade”, sinalou o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.