O Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza unha visita aos Castros de Neixón para familias

16 Maio 2025

O Concello de Boiro, a través do Cento Arqueolóxico do Barbanza, promove unha visita aos Castros de Neixón para as familias. A actividade desenvolverase o sábado 31 de maio ás 11.30 horas.

Durante a visita as familias poderán achegarse á vida castrexa de forma divertida e participativa, descubrindo os seus segredos paso a paso. Ao final da visita as familias poderán adoptar á boneca Navia, a castrexa de Neixón. Unha boneca que as familias poderán ter consigo durante 15 días e levala a algún lugar arqueolóxico ou de interese histórico.

Máis información e inscricións na web do Centro Arqueolóxico do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...