O Bono Peixe permitirá mobilizar como mínimo 10 millóns de euros en consumo de produtos pesqueiros

02 Maio 2025

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou este 30 de abril a Praza de Abastos de Santiago de Compostela onde destacou o impacto do Bono Peixe que vai a poñer en marcha a Xunta para “impulsar o consumo dos produtos pesqueiros na comunidade”. Así, explicou que esta medida “permitirá mobilizar como mínimo 10 millóns de euros mediante un aforro dun 25% na compra ata un límite semanal de 5 euros, sendo acumulábel o importe non gastado ata a décima e derradeira semana na que estará vixente dito bono”. Villares, acompañado pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Patricia García, sinalou que esta acción, na que a Xunta investirá 2,5 millóns de euros, “beneficiará a 50.000 consumidores e permitirá dinamizar a venda de peixe en centros de venda como algunha das 28 peixerías activas neste recinto comercial da capital galega”. Tamén en supermercados, hipermercados ou á venda ambulante localizados en Galicia. O obxectivo é “seguir afondando nas políticas de promoción que permitiron que o ano pasado medrara nun 6% o consumo per cápita  ata os 25 quilos, un 38% máis respecto ao conxunto de España”, sinalou.

Alfonso Villares puxo en valor que esta medida non “só permitirá reforzar un sector estratéxico para a comunidade, que representa o 5% do PIB e ao redor de 50.000 empregos, senón que tamén servirá para mellorar a saúde e benestar da cidadanía”. A este respecto recordou que o peixe, o marisco e as conservas presentan importantes calidades nutritivas dado o alto contido en omega-3 que “favorece o desenvolvemento cognitivo dos máis pequenos da casa” e que constitúen uns ácidos graxos que tamén favorecen a secreción de serotonina e dopamina, hormonas que combaten a depresión. “Ademais”, dixo, “son produtos ricos en vitaminas e minerais así como de proteínas de alta calidade que, entre outros beneficios, axudan a reducir nun 60% o risco de padecer déficit de atención ou hiperactividade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...