O BNG consegue que o Goberno admita que a zona de Sálvora non sexa “o punto máis axeitado” para o vertido de dragados e lodos

12 Maio 2025

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) conseguiu que o Executivo central declararase que a contorna da illa de Sálvora, integrada no Parque Nacional das Illas Atlánticas e pertencente ao concello de Ribeira, non é o “punto máis axeitado para o vertido de gradados e lodos”.

Á preguntas do BNG, o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, sinalou que o Goberno está “sendo especialmente escrupuloso” na análise do informe encargado por Portos do Estado e da Xunta de Galiza para “evitar problemas de carácter ambiental”.

Carme da Silva sobre a zona de Sálvora: “Xa foi un punto de vertido que se clausurou. Resultado chamativo que o PP, en contra do acordo unánime do Parlamento de Galiza acadado en 2019, o poña como escusa para o dragado do Lérez, pendentes desde 2009. Os lodos do Lérez deben tratarse en terra”

A senadora do BNG advirte que as rías galegas non poden empregarse como vertedoiros: “A Ría de Arousa o que necesita é unha rexeneración. Está sendo ameazada por Altri, pola Mina de Touro e agora ameazada por posíbeis verteduras de lodos”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.