“O bispo demérito” – Xulio Xiz

22 Maio 2025

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a “discapacidade psíquica, intelectual ou física” (considérome afectado directo) cunha “herdanza do pecado” e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir cativos de ignorancia.

O presunto bo pastor parece que rectificou, afirmando que non quería ofender ás persoas con discapacidades. Eu xa non me sinto ofendido como discapacitado. Síntome ofendido como persoa. Da mesma maneira que considero que non está incapacitado para ser bispo, senón como membro de base do xénero humano.

Son amigo –e considérome membro en activo –de ASPNAIS – Asociación Lucense de Pais e titores de persoas con discapacidade. E xa que falo dun bispo, quero recordar que un bispo de Lugo de hai medio século, que entón considerábamos retrógrado, monseñor Ona de Echave, vasco de pura cepa, lles dixo aos de ASPNAIS: “Estades mellorando a obra de Deus”.

Ás veces oio bispos, e sÍntome confortado. Ás veces oio persoas – neste caso, un bispo – ás que había que retirarlles o uso palabra, e pedir – como Victor Manuel nunha canción – “que un raio divino o volva normal”.

(P.D.- Sei que non se debe escribir cabreado, pero ás veces o corazón abalánzaseme ao teclado, mentres o cerebro pretende razoar).

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en...