“Non é non…! ” – José Manuel Pena

29 Maio 2025

Cada oito horas unha muller é violada en España. Máis dun milleiro de mulleres son violadas por homes, cada ano. Demasiadas mulleres son asasinadas a mans dos seus maridos ou parellas. Segundo o INE (Instituto Nacional de Estatística)e o CGPJ (Consejo General del Poder Judicial) aumentan os delitos de violencia doméstica e as violacións. Esta é a sociedade que xeramos, entre todos? Esta é a sociedade que queremos para os nosos fillos? Que facemos, cada un de nós, para evitar esta constante sangría que non cesa?

Dicía Luther King que “non me preocupa o berro dos violentos, dos corruptos, dos deshonestos, dos sen ética, o que máis me preocupa é o silencio dos bos”. Isto non pode quedarse en meras estatísticas e todos, polo menos as persoas de ben, teñen que loitar para denunciar este tipo de terrorismo que seguen exercendo, sen ningún tipo de arrepentimento, persoas “machistas e enfermas” que foron malcriados polas súas propias nais e a súa contorna familiar.

Algúns “fillos do azar” non entenden que o “non” dunha muller é non e non un quizais. Crense que teñen dereito sobre a libre vontade de calquera muller. As súas únicas conversas, cada un dos días do ano, son falar de sexo e máis sexo. Non son cabezas cadradas, son cerebros enfermos e violentos contra o chamado sexo débil. Iso é o que lle inculcaron desde pequenos. Xa, na súa primeira relación sexual, levaron os seus pais de putas e con iso xa aprendían que con diñeiro todo se consegue. Para eles a vontade de calquera muller non existe, só priman os seus desexos máis primitivos. As mulleres seguen sendo os seus obxectos de desexo, previo pago.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.