Na Pobra, o Maio das Letras Galegas vén con mancheas de propostas para todas as idades

06 Maio 2025

Exposicións, teatro, presentacións de libros e discos, música e baile. Estes son os eixes que articulan o Maio das Letras Galegas na Pobra do Caramiñal, impulsado polo Concello, que quixo abranguer todas as franxas de idade na súa programación. Esta foi dada a coñecer pola concelleira de Cultura, Patricia Lojo, quen sinalou que o obxectivo “é ofrecer propostas pertencentes a todos os xéneros culturais e dirixidas a veciños e veciñas de todas as idades”. O calendario arrincará este venres, 9 de maio, e prolongarase ata o día 30.

A primeira correrá a cargo do alumnado da Escola Fernández Varela coa súa exposición Da Pobra para o mundo. A inauguración terá lugar o venres, 9 de maio, ás 12.30 horas na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler.

Ese mesmo día, ás 21.00 horas, o Teatro Cine Elma acollerá a proxección da longametraxe As Neves. O filme, ambientado no pobo do mesmo nome, fala da desaparición dunha rapaza tras unha festa de Entroido organizada por un grupo de adolescentes da localidade. A falta da moza suporá o inicio dunha investigación que cambiará, non só as vidas dos protagonistas da obra, senón tamén a súa relación co mundo.

O xoves, 15 de maio, a oferta cultural continuará co Xogo das Letras Galegas Coa voz en festa, de Barafunda Animación. A iniciativa, especialmente dirixida para o alumnado de primaria, celebrarase de 10.00 a 13.00 horas polas prazas e rúas da vila.

Ao día seguinte, o venres 16 de maio (ás 20.00 horas), o Teatro Elma acollerá a presentación do libro-disco Fremosas. Cantigas de amigo e de amor, do grupo Barahunda. Trátase do quinto traballo da banda afincada en Rianxo e, nel, reúnense as cantigas que foron creando ao longo dos anos, así como outras pezas compostas especialmente para este disco.

No propio Día das Letras Galegas (sábado, 17 de maio), o Concello daralle todo o protagonismo ás agrupacións culturais da Pobra. A través da actividade Pola vila, de remudas, a Asociación Arrancadeira, a Asociación Cultural e Deportiva Xiada e a Asociación Cultural Eiradela encherán as rúas do municipio de música e baile tradicional. A actividade celebrarase de 12.30 a 14.30 horas.

O Maio das Letras Galegas continuará o venres, 23 de maio, ás 19.30 horas coa proxección da curtametraxe Adeus, Berta no Cine Elma. A Pobra será o lugar onde se estreará este traballo de Fernando Tato. A obra conta a historia de Alicia, unha rapaza chega á casa dos seus pais na Pobra, lugar onde se volve atopar coa súa irmá, que acaba de saír dun centro de rehabilitación. Ademais da proxección, haberá unha charla-faladoiro co director e con membros do equipo de produción, cóctel, DJ e photocall.

O programa municipal pechará o venres, 30 de maio, coa presentación do libro gañador do VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro da Pobra: Cando o mundo é azul, de Óscar Reboiras. Será ás 12.00 horas no auditorio da Biblioteca Victoriano García Martí. Os alumnos e alumnas de primaria recibirán exemplares da obra de agasallo.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.