Muros solicita unha subvención para mellorar espazos de lecer en Esteiro e Louro

19 Maio 2025

O Concello de Muros aprobou nun pleno extraordinario a solicitude dunha subvención á Deputación da Coruña por un importe de 186.968,79 euros, destinada á creación dunha nova área de lecer en Esteiro e á mellora do parque infantil de Louro. A proposta saíu adiante cos votos favorables do BNG, PSdeG e Muros Centrado, mentres que o PP optou pola abstención.

A achega económica solicitada representa o 80% do orzamento total das dúas actuacións, que ascende a 232.460,99 euros. A alcaldesa de Muros, María Lago, destacou a relevancia destes proxectos para a veciñanza: “Son dúas obras importantes e necesarias, que dan resposta ás nosas prioridades como goberno local e ás demandas das familias”.

No caso de Esteiro, a intervención contempla a creación dun novo espazo de lecer destinado ao desfrute das familias. Pola súa parte, a actuación en Louro suporá a renovación integral do parque infantil situado xunto ao CEIP da localidade.

“A reforma en Louro servirá para aumentar o número de elementos de xogo e a renovación das pistas deportivas, incluíndo unha nova zona axardiñada, con mesas, bancos e puntos de auga”, explicou a rexedora, sinalando o compromiso do executivo local coa mellora dos espazos públicos para a infancia e a convivencia veciñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.