Mimarte Fest 2025: unha gala solidaria a favor de Callejeros Barbanza

29 Maio 2025

Este xoves tivo lugar a presentación oficial de “Mimarte Fest 2025”, un evento solidario que se celebrará o domingo 22 de xuño ás 20:30 h no Auditorio Municipal, co obxectivo de recaudar fondos para a asociación Callejeros Barbanza.

No acto participaron a concelleira de Benestar Animal, Antía Alberte, a presidenta de Callejeros Barbanza, Rosa Gómez, e a xerente de Mimarte, Tania Fuegho. As entradas, cun prezo simbólico de 5 euros, estarán dispoñibles en Mimarte (Avda. Rosalía de Castro, 54) e Xade (rúa de Galicia, 53).

Antía Alberte destacou o compromiso do Concello co benestar animal, sinalando que “imos aumentando pouco a pouco o número de actividades” e que se están “ultimando protocolos de actuación en casos de emerxencia para animais feridos ou extraviados”. A concelleira tamén puxo en valor o traballo das entidades locais de protección animal e animou á veciñanza a “gozar dunha velada agradable por unha boa causa”.

Pola súa banda, Tania Fuegho explicou que será “unha gala de variedades” protagonizada, sobre todo, polos máis pequenos. O espectáculo contará con sete pezas musicais interpretadas polos grupos infantil e xuvenil do espazo creativo, ademais de actuacións para adultos, danzas urbanas e exhibicións diversas.

Finalmente, Rosa Gómez agradeceu tanto a Mimarte como á concellería pola súa colaboración, resaltando a importancia de iniciativas como esta para seguir apoiando aos animais abandonados da comarca.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.