“Mentres se negocia a xornada laboral en España, un concello gaditano acorda que os seus funcionarios traballen de martes a venres. E o mar?”. Antón Luaces

31 Maio 2025

O pasado 16 de maio publicouse no Boletín Oficial das Cortes Xerais o Proxecto de Lei que reduce a 37,5 horas no ano 2025 a xornada laboral ordinaria. A norma xa foi aprobada polo Consello de Ministros e permitirá reducir a xornada laboral legal máxima por primeira vez desde 1983.

A proposta, impulsada polo Ministerio de Traballo, afectará cando entre en vigor a 12 millóns de traballadores, entre os que non figuran os do sector da pesca marítima. A reforma laboral en España sempre se vinculou a diversos factores sociais, políticos e económicos que marcaron as condicións de vida dos traballadores, maioritariamente da empresa privada, se ben é certo que, en ocasións, as empresas públicas marcaron a pauta. Mais nunca, ata o de agora, como o fai o concello gaditano de Zahara de la Sierra, que ten a honra de ser o primeiro de España en aprobar a xornada laboral de catro días -de martes a xoves-  e sen redución de salarios.

Zahara de la Sierra agroma nun  dos lugares máis fermosos de Andalucía: a serra de Grazalema. Ten 1.400 habitantes e, como sinalaba anteriormente, é o primeiro concello de España que adoita esta fórmula que van seguir ao pé da letra os seus 32 funcionarios. Estes traballarán de martes a xoves, inclusive, o que -como dí o seu alcalde, que é economista de formación- non significa traballar menos, senón traballar doutro xeito, evitando os luns e venres laborables.

Pero, unha vez máis, o sector pesqueiro ten que contemplar estas vantaxes sociais como alleas á súa condición de traballadores por conta dun armador e cando aínda non todos eles dispoñen dun salario fixo ou, cando menos, unha xornada laboral estipulada a cumprir por cada quen.

Á vista desta triste realidade non queda outra cousa que lle preguntar á ministra de Traballo e Economía Social e vicepresidenta segunda do Goberno, a galega Yolanda Díaz Pérez, se o seu departamento vai fixar algunha vez unha norma que regule dunha vez por todas o calendario dos tripulantes dos barcos de pesca de calquera modalidade que, por careceren, mesmo carecen de salarios fixos, vacacións, horas de descanso regulamentario ou condicións hixiénico-sanitarias a bordo.

Non hai outro sector en España con traballadores máis abandonados no eido laboral que a xente de mar, carente esta ata dos dereitos irrenunciables que corfrfesponden a cada cidadán español: o dereito a elixir aios seus representantes nas institucións municipais, da provincia, da comunidade autónoma, das Cortes do Estado e da Unión Europea. E non será porque non se teña reclamado. 

Ben se ve que o sector pesqueiro non ten quen o represente verdadeiramente. Nen sequera polos sindicatos de clase, en teoría a máxima expresión da unidade das traballadoras e traballadores para defender os seus intereses fronte aos empresarios e os gobernos.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.