II Encontro de Familias en Noia do Equipo de Pastoral Familiar

15 Maio 2025

Familias da UPA reuníronse novamente convocadas polo Equipo de Pastoral Familiar de Noia nunha xornada formativa en torno ao tema «A oración familiar». O encontro desenvolveuse nos locais parroquiais da igrexa de San Martín. A convocatoria realizouse tras o encontro de marzo, celebrado tamén nos locais da igrexa de San Martín de Noia.

Neste encontro, participaron familias de distintos puntos da UPA: S.Marín, Tállara, S.Francisco e Sta.Cristina. A experiencia fué moi enriquecedora, segundo os participante e organizadores.

Durante a mesma, houbo testemuños de experiencia de vida en oración por parte de membros do Equipo de Pastoral e tamén talleres de traballo por grupos. Neles reflexionouse con materiais extraídos destes testemuños e de escritos do maxisterio pontificio acerca da experiencia da oración. Cada un compartiu sobre a oración, persoal e en familia.

Os nenos e os seus monitores, sorprenderon aos participantes no encontro coa representación dunha obra de teatro que prepararon, baseada no conto «O relojero» de Mamerto Menapace, tamén sobre a oración.

Ao final do encontro, todos os participantes gozaron dunha merenda en fraternidade, compartindo emocións e impresións.

O Equipo de Pastoral Familiar da UPA de Noia convocará, tanto ás familias que xa participaron, como a todas as familias das parroquias da UPA, a un novo encontro despois do verán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.