Galicia recupera a estabilidade anticiclónica este luns 26

25 Maio 2025

Este luns, Galicia volverá a estar baixo a influencia dun anticiclón, o que favorecerá unha mellora xeral do tempo. Durante as primeiras horas da xornada agárdanse nubes baixas e néboas, especialmente en zonas do interior, que irán desaparecendo co paso das horas para dar lugar a ceos pouco nubrados ou despexados en todo o territorio.

En canto ás temperaturas, as mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas permanecerán sen cambios significativos, con posibles lixeiros ascensos nalgunhas comarcas.(11/26 graos).

O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral das Rías Baixas, contribuíndo a manter unha sensación térmica agradable en boa parte da comunidade.

meteogalicia

Prognóstico a dez dias: Tempo seco e soleado_

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 4 a 5 á mañá e á noite e 4 a 6 á tarde. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 2.5 a 3 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.