“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

15 Maio 2025

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar
tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, a
un par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era un
sen saber de onde viña a xistra e sen saber para onde ía. As ourelas da estrada estaban
brancas coa sarabia amontoada, reflectindo o que non se vía.
As árbores froiteiras choraban con bágoas de tristura, con medo a non recuperar o perdido,
as flores perdidas, o froito perdido, mentres os paxaros de tódalas razas voaban sobre elas,
voaban engorde, paseniño, polas alturas das cerdeiras, miraban para as flores e anotaban
na súa memoria as coordenadas exactas para volver cando sexa o tempo, antes de que as
cereixas maduren.
Felipe da Porteleira espera con xenreira a eses paxaros que comen cereixas e garoubas. Se
puidera mataríaos a todos, pero ten medo á Garda Civil e ao cura de once parroquias, o
dono de tódalas cerdeiras temperás e tardías. Felipe, para cando sexa o tempo, comprará
unha cesta das exquisitas e saudables cereixas do Bierzo, convidará a un par de amigos e
irán xuntos a comelas debaixo da cerdeira máis grande do lugar e, “se chove, que chova”.
Como moi ben dicía Luís Suárez, un sabio coruñés asentado en Vigo, “sempre chove para
abaixo e molla”. É un gusto ver chover, cando chove miudiño como recorda cos seus versos
Rosalía, igual que Felipe a recorda a ela e, con música de Amancio Prada, fártase de cereixas
como aquel personaxe de Cunqueiro que morreu dunha enchenta de picotas do Jerte.
Aquí chove e do outro lado do río tamén. Ou non? Os meteorólogos estudan o clima, fan
previsións perfectas, anuncian temporais de sol, calor ou frío. Os paisanos, coa man por riba
dos ollos, saben se choverá ou non choverá mañá, aínda que sexa día de festa, domingo de
gardar ou luns de traballar.
A sabedoría popular dixo e segue dicindo que en abril augas mil, pero neste ano, como di a
Tía Manuela “todo os días parecen de inverno ou de abril”. Agora, cando veña o tempo bo,
os paxaros buscarán as cerdeiras e despois de deixalas sen cereixas, irán onde a cesta de
Felipe da Porteleira para compartir o festexo con el e os seus amigos.

Outros artigos

“Hay corruptos porque los controles no funcionan”. Manuel Velo

Se echan de menos los contrapesos que actúen a tiempo con neutralidad y profesionalidad. No hay verdadero interés por acabar con la corrupción a pesar qué según datos, España tiene más órganos de control que cualquier país de la UE. Las escaramuzas que de vez en cundo...

+

“Amigos” – Xulio Xiz

Teño 2.905 amigos virtuais, e nalgúns casos coinciden con persoas que coñezo e coas que me sinto identificado, pero na maioría son amizades novas, que a tecnoloxía facilita, e que se lles chama amigos aínda que ben seguro non cheguemos a vernos en directo na maioría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un alcalde para recordar” – Manuel Domínguez

“Un alcalde para recordar” – Manuel Domínguez

Todo un ejemplo de dignidad y valores humanos. Quiero hablar del alcalde de Ribeira. José Martínez Fernández, nombrado hijo predilecto el 13 julio 1919. No quiero mencionar sus logros políticos, quiero hablar del cómo son sus valores humanos, alejados más allá de la...

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.