“Concelleiras da Milagrosa” – Xulio Xiz

27 Maio 2025

Nestes tempos caóticos, pode chegar a pasar que dúas concelleiras da Milagrosa sexan expulsadas dun acto na Milagrosa. Non é que a parroquia onde vivo teña concelleiras propias, senón que todos os membros do concello de Lugo representan á Milagrosa, e todos eles- do goberno ou da oposición – represéntannos a todos os milagrosistas.

Por iso, eu teño que pedirlles desculpas como milagrosista a estas dúas autoridades pola miña parte alícuota de falta de respecto institucional. E de sentidiño.

Aplico a teoría que me explicou o alcalde Orozco hai un cuarto de século cando me queixei da agresión dun destacado socialista a unha xornalista compañeira, dicíndome que a el só lle afectaba a parte alícuota de militante de partido. Tomo nota das leccións, aínda que tarde en aplicalas, e pido desculpas e sinto vergoña polo sucedido, sexan cal sexa as súas ideas, miñas señoras, porque un representante público, por principio, é unha autoridade, e representa –alicuotamente, supoño – á institución á que pertence.

Certo que os membros do seu partido adoitan estar en todo, como xa en tempos facía Quique Rozas, pero eu creo que é dereito e deber dun concelleiro estar onde hai xente para ver e ser visto; onde se celebra algo, para compartir; e onde se di algo para escoitar e tomar nota.

Nunca pensei que na afable Milagrosa que nos acolleu por milleiros (Darío dixit) aos que viñamos “do val ou do alto monte” a habitar “os arrabaldos novos” da cidade, puidese pasar algo así. Pídolles disculoas, señoras, polo anaco da Milagrosa que me corresponde, e só se me ocorre nusitar o que de pequeno escoitaba aos sabios vilalbeses: “O que non sabe, é como o que non ve”.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.