“Chamástesme para levar unha cruz”. Antón Luaces

10 Maio 2025

Estas foron palabras pronunciadas o xoves polo novo Papa, en Roma. E eu penséi: “e que Cruz!”. 

Millóns de persoas en todo o mundo, católicos ou non, seguiron -seguimos- as deliberacións que, no Vaticano, tiñan lugar para a designación do máximo mandatario da igrexa católica. 

Dende que nacín, tiven coñecemento de Pío XII (1939-1958), Juan XXIII (1958-1963), Pablo VI (1963-1978), Juan Pablo I (1978), Juan Pablo II ¡(1978-2005), Benedicto XVI (2005-2013), Francisco (2013-2025) e, actuamente, León XIV. E dos que gardo memoria por circunstancias máis que relixiosas vivenciais, Juan XXIII e Francisco son os que máis e mellor bulen  na miña memória. 

Dou por suposto que o recén elixido Papa, o estadounidense/peruano Robert Prevost, pode ser para min o terceiro nun mundo globalizado. UJn mundo no que León XIV comezou a falar das persoas, da terra e da paz nun momento e circunstancia nos que tantos mandatarios falan sen parar de sí mesmos sen ter en conta en absoluto os dereitos dos demáis. Dous exemplos entre moitos: as guerras entre Ucraína e Rusia e Israel e Palestina, ás que se sumaron esta mesma semana -nun enfrontamento que non é novo- India e Paquistán, un conflito entre dous países teóricamente irmáns,  ambos os dous posuidores de armamento nuclear, que non dan acordado un reparto axeitado do territorio de Cachemira, co Reino Unido coma mero espectador.  

Non é este, evidentemente, o mellor panorama para o recén chegado representante de Deus na Terra e cun presidente -o do seu país natal- que teño moi serias dúbidas sobre se os seus intereses persoais e os que lle corresponden como presidente electo de USA, casan cos postulados expostos o xoves desde a fiestra central da catedral de San Pedro e que, como dicía anteriormente, semellan non “casar” cos predicados de Donald Trump, quen demandaba un Papa estadounidense para este novo perìodo da Humanidade. 

Pregúntome -e sei que non corresponde aínda facelo- se León XIV vai ser quen de aturar este mundo tan distinto ao por el vivido coma misioneiro: un home de paz cunha pesada cruz de guerra ás costas coa que talvez non poda se ese mundo non xira sobre o seu eixo para lle facer posible a compatibilidade dos conceptos. 

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.