Boiro elixe o Pazo de Goiáns como escenario para o II Certame de Regueifas dos seus centros de ensino

23 Maio 2025

Na mañá de hoxe, venres 23 de maio, o Pazo de Goiáns (Boiro) acollía a segunda edición do Certame de Regueifas dos centros de ensino do municipio, unha iniciativa do Concello de Boiro xunto cos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros. No encontro tamén estivo presente a concelleira de Ensino, Carmen Silva, xunto co alumnado dos distintos centros de ensino, que ao longo do curso realizaron uns obradoiros impartidos nos centros para familiarizarse coa regueifa e practicar xogos de palabras.

Sinalar que o festival estivo presentado por Lupe Blanco e Luís O Caruncho, e participaron os centros: o CEIP Santa Baia, IES A Cachada, CEIP Santa María do Castro, CEIP Escarabote, CEIP Cespón, CEIP Praia Xardín, IES Praia Barraña e CEIP de Abanqueiro.

Cada centro preparou unhas coplas durante os obradoiros que hoxe expuxeron sobre temas de actualidade e tamén sobre Boiro e sobre a nosa paisaxe. Posteriormente tiveron lugar uns xogos de improvisación entre os presentadores e os representantes de cada centro.

Cómpre dicir que o obxectivo desta actividade é dar a coñecer entre a rapazada a poesía oral improvisada en verso e a nosa tradición explicando a historia regueifeira e outras expresións da improvisación que existen en Galicia. Asemade, preténdese espertar no alumnado posíbeis vocacións nesta práctica artística cun importante labor didáctico nos contidos de materias como a lingua galega ou a música.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.