Belén do Campo salienta dende O Son o éxito do ciclo en guía do medio natural que se imparte no IES Porto do Son

05 Maio 2025

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde Porto do Son, Luis Oujo e polo director territorial da Consellería de Educación, Indalecio Cabana, visitaron este luns 5 de maio o IES Porto do Son, onde comprobaron a satisfacción dos alumnos do ciclo que se imparte neste centro como é o Grao Medio en Guía no Medio Natural e de Tempo Libre (TEGU) que ten unha duración de 2.000 horas lectivas con 14 módulos profesionais.

Belén do Campo destacou que a formación tan completa deste ciclo abre a posibilidade de traballar e facer prácticas no Parque Nacional en Sálvora, e nos Parques Naturais da provincia de Corrubedo e Fragas do Eume. Os representantes do centro educativo tamén lle trasladaron a súa proposta de contar cun ciclo superior.

Engadiu que as principais motivacións profesionais dos que cursan esta formación son exercer como profesionais de actividades de lecer e tempo Libre.

Algunhas das actividades máis relacionadas con TEGU son traballar en empresas do sector turístico e realizar labores de guía en actividades de sendeirismo, roteiros de baixa e media montaña, travesías, roteiros con neve, barrancos, espeleoloxía, bicicleta e turismo ecuestre. Tamén poden exercer como socorristas en diferentes ámbitos.

Belén do Campo exaltou a “dinámica alcista” dos datos de inserción laboral das persoas tituladas da FP en Galicia, que confirman estes ensinos, dixo, como “unha opción educativa de calidade, de éxito e de futuro para a mocidade galega”. A representante do Goberno autonómico lembrou que existen na comunidade 150 centros que imparten Formación Profesional, dos cales 93 están na provincia da Coruña e 11 na comarca do Barbanza, en Porto do Son, Ribeira (3), Pobra (2), Noia (2), Boiro, Rianxo e Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.