Augas de Galicia contribúe a eliminar un punto de vertido de augas residuais en Rois

02 Maio 2025

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, contribuíu a eliminar recentemente un punto de vertido de augas residuais de carácter municipal na parroquia de Urdilde, no concello coruñés de Rois. O persoal do Programa de Control de Vertidos do organismo hidráulico autonómico iniciou as actuacións no marco dos labores rutineiros de inspección na rede fluvial do municipio.

O episodio tiña a súa orixe nunha fosa séptica existente na zona que presentaba incumprimentos nos límites autorizados e o vertido chegaba directamente ao rego de Vilariño. A situación foi trasladada ao titular da instalación co fin de que adoptase as medidas oportunas para eliminar os aportes contaminantes ao dominio público.

Unha nova visita á zona permitiu corroborar a emenda do punto de vertido froito dos traballos vencellados á execución da obra da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Urdilde, que permitiron anular esa infraestrutura preexistente e substituíla por unha de mellores características e máis eficiente.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.