Antonio Pérez expón “Historias Debuxadas” na Casa da Cultura do Son

08 Maio 2025

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Porto do Son acolle, ata o 31 de maio, a exposición de pintura Historias Debuxadas de Antonio Pérez.
A mostra poderase visitar en horario de 8:00 a 15:00 e a entrada é gratuíta. Antonio Pérez é un artista e profesor de Ribeira centrado en homenaxear, plasmando até o máis mínimo detalle, os traballos mariñeiros da súa terra natal, con taller e centro de formación na praza de Compostela en Santa Uxía.

Antonio Pérez (Ribeira, 1951) é un dos artistas máis destacados da nosa comarca e un dos máis sobranceiros representantes galegos da arte mariñeira. Recentemente, en 2022, inaugurou en Ribeira, no Centro Cultural Lustres Rivas, a mostra Ribeira: mulleres, homes e peixes, formada por cincuenta cadros que plasman diferentes escenas dos labores tradicionais vencellados ao mar. En xuño de 2024 achegou no Auditorio de Rianxo outra exposición: As Mulleres e o Mar, pinturas e gravados de Antonio Pérez.

Pérez explicou recentemente que os seus cadros levan unha longa preparación tras de si: “Toda unha vida, pois todo canto fago vai dar ao mesmo sitio: aos recordos e experiencias que tiven nos cinco anos que pasei traballando no mar”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...