Amicos e Servinserta entregan os diplomas do proxecto Interparques

16 Maio 2025

A sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas en Vigo acolleu este venres, 16 de maio, o acto de clausura e entrega de diplomas do ciclo formativo impartido en Pontevedra no marco do proxecto Interparques – Ecoturismo Inclusivo. Este comprendeu os cursos de Axente dinamizador de rutas turísticas sostíbeis en espazos naturais e Ecomarketing en turismo de espazos naturais, así como formación en competencias transversais e habilidades blandas. A iniciativa está organizada pola asociación Amicos, entidade inclusiva do Barbanza, e Servinserta, e cofinanciado polo FSE+ a través do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

As formacións, que se desenvolveron en Pontevedra durante case dous meses, contaron coa participación de quince persoas con discapacidade intelectual e/ou en risco de exclusión social. Delas, catro serán inseridas laboralmente no Centro Especial de Emprego Servinserta, para desenvolver labores de apoio aos guías turísticos e dinamización de rutas e paquetes turísticos sostíbeis no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

O evento estivo conducido por Miguel Beiro, responsábel da área de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos; José Antonio Fernández Bouzas, director do Parque Nacional das Illas Atlánticas; e Pedro Dono, director de Recursos Humanos en Grupo Puentes. Eles foron os encargados de facer entrega dos diplomas acreditativos ao alumnado da formación.

Durante o acto, o director conservador do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas destacou que “a experiencia mostrounos que estas formacións son moi completas, un coñecemento que se asenta co traballo de cada día. Dende o Parque queremos agradecervos de corazón esta formación”. Durante a intervención tamén recalcou “que todos temos algo que dicir sobre medio ambiente, e todos debemos ser escoitados”.

Dende Amicos, Miguel Beiro quixo destacar “a nosa gratitude co Parque Nacional das Illas Atlánticas, que un ano e dálles unha oportunidade de realizarse laboralmente aos integrantes de Amicos para levar a cabo os traballos de divulgación e preservación medioambiental na zona, e por apostar pola creación dun parque natural inclusivo”.

Asemade, tamén quixo destacar “a presencia de representantes de Grupo Puentes, empresa que, grazas ao seu apoio anual á nosa entidade, favorece que en Amicos poidamos crear postos de traballo a través dos que ofrecer capacitación e experiencia laboral ás persoas con discapacidade intelectual”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.