Alerta amarela en Galicia por tormentas e choivas intensas este venres

01 Maio 2025

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou unha alerta amarela por tormentas e fortes choivas en Galicia para este venres, 2 de maio.

Esta alerta irá desde mediodía ata medianoite nas catro provincias por tormentas localmente fortes e choivas de máis 15 litros por metro cadrado.

Pola súa banda, Meteogalicia explica que este venres entra a Galicia unha borrasca polo sur, desde Portugal, tras unha xornada de xoves de transición tamén con algún chuvasco illado.

As temperaturas mínimas do venres experimentarán un lixeiro ascenso, con máximas sen cambios. O vento soprará de dirección variable, con especial predominancia sur no interior.

AEMET

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.