Afundido após un incendio a bordo o pesqueiro “Nuevo Mariño” de Fisterra

14 Maio 2025

Rescatan dous pescadores tras o incendio do seu barco en Muros

Salvamento Marítimo

A, Luaces.- O pesqueiro de artes menores “Nuevo  Mariño”, con base en Fisterra e pertencente ao pósito fisterrán, afundiu a primeiras horas desta mañá a aproximadamante tres millas da costa de Louro (Muros). Previamente ao afundimento, o “Nuevo Mariño” foi axudado pola embarcación “La Chaínza”, que faenaba perto do buque siniestrado e que foi quen solicitou  a  intervención dunha lancha de Salvamento Marítimo. Este desprazou ao punto do sinistro,  a unhas tres millas de Porto do Son. á embarcación “Salvamar Régulos” para se facer  cargo dos dous tripulantes do pesqueiro sinistrado, irmáns xemelgos que resultaron con queimaduras na faciana e mans, e trasladalos nunha ambulancia dende Porto do Son ao Hospital do Barbanza, de Ribeira.

Malia o intenso traballo realizado para apagar o lume que afectou á estrutura do “Nuevo Mariña”, este afundiu, como se indica, a tres millas da costa.

Ata o de agora nada se informou sobre a causa do incendio a bordo do “Nuevo  Mariña”, barco que inicialmente tivera base en Porto do Son para trasldar esta máis tarde a Fisterra-

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.