Activado o Plan CAMGAL en nivel medio pola vertedura do afundimento dunha embarcación en Lariño

14 Maio 2025

A Xunta de Galicia vén de activar o nivel medio do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia
(Plan Camgal) posto en marcha pola vertedura de gasóleo ocasionado polo incendio e posterior afundimento do buque Nuevo Mariña, ocorrido esta madrugada na zona de Lariño, en Muros.
Esta decisión foi anunciada hoxe por medio dun escrito enviado polo presidente do Plan Camgal e conselleiro do Mar, Alfonso Villares, ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco. Na comunicación tamén se solicitaba a activación do Plan Marítimo Nacional, o cal se puxo en marcha posteriormente en fase de alerta.
Gardacostas de Galicia está traballando na zona dende primeira hora da mañá, coa patrulleira María de Pazos da base operativa de Portosín, cando foi notificada do incidente e permanece no lugar coa patrulleira Mar de Galicia facendo tarefas de dispersión mecánica ante o tamaño considerable da vertedura. Dende o servizo autonómico solicitouse a posta a disposición de todos os medios dispoñibles na zona por parte de Salvamento Marítimo ante un incidente que se atopa nunha zona sensible, co fin de evitar que a mancha chegue aos areais máis próximos nas vindeiras horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.