A xira Enredando Tour para capacitar dixitalmente aos nosos maiores fará unha parada en Boiro

23 Maio 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu este venres 23 de maio a posta en marcha da terceira edición de Enredando Tour para achegar aos maiores, especialmente do rural, as vantaxes da tecnoloxía con seguridade. Durante a inauguración desta nova edición, Miguel Corgos destacou que persoal especializado e voluntariado de Cruz Vermella, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), será o encargado de impartir os obradoiros, durante os meses de verán e en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Así, nesta edición Enredando Tour percorrerá 20 localidades das catro provincias galegas, comezando por Silleda e achegándose, posteriormente, a Forcarei, Ponte Caldelas, Ribadumia, O Rosal, Barbadás, Ourense, A Rúa, Celanova, Carballiño, Cabana de Bergantiños, Tordoia, Trazo, Frades, Boiro, Vilalba, Guntín, Mondoñedo, Ribadeo e Foz.

Os veciños destas localidades poderán acceder a contidos formativos sobre o uso da tecnoloxía na vida cotiá, ademais de achegarse a aplicacións que empregan Intelixencia Artificial e a conceptos como a realidade inmersiva.

Amais, nestas sesións terán a oportunidade de participar en sesións dedicadas de maneira específica á banca dixital e á ciberseguridade.

Segundo fixo saber o conselleiro no capítulo de novidades, “este ano están programados tamén obradoiros para mellorar a capacitación dixital en persoas que estean á procura ou mellora de emprego”, engadiu Corgos, lembrando que, ao longo das dúas primeiras edicións, preto de 50 persoas de Cruz Vermella, entre voluntarios e persoal técnico, percorreron máis de 3.000 quilómetros para levar a máis de 600 persoas de 42 concellos este proxecto.

“Queremos que toda a cidadanía poida desenvolverse con autonomía e confianza na contorna dixital, especialmente os colectivos con máis dificultades de acceso á tecnoloxía”, dixo, facendo fincapé na importancia de iniciativas como Enredando Tour, que complementan o labor que, desde a Xunta, se impulsa a través da Rede CeMIT. Unha rede de aulas públicas na que se ofrece capacitación dixital gratuíta para todos os niveis, con especial atención aos colectivos máis vulnerables á fenda dixital.

Salientou tamén que a actividade da Rede CeMIT contribuíu a que, só nos últimos catro anos, máis de 156000 persoas maiores de 65 anos se incorporasen ao uso da tecnoloxía en Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.