A praia da Corna acollerá a IV Palmeira International Cup de Futevolei o vindeiro 24 de maio

12 Maio 2025

A praia da Corna volverá ser escenario do deporte e da festa coa celebración da IV Palmeira International Cup 2025 de Futevolei, un deporte que mestura o voleibol co fútbol e que se practica sobre a area, especialmente durante a tempada estival.

O evento, organizado polo Club Futevolei Vigo coa colaboración do Concello de Ribeira, desenvolverase o sábado 24 de maio á altura do merendeiro da praia palmeirana. As inscricións teñen un custo de 10 euros e poden formalizarse a través do número de teléfono 619 625 202 ata o martes 20 de maio.

Na presentación oficial estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal; o presidente do club organizador, Alberto Coya; e o veciño e membro do club José Vicente Domínguez, coñecido como Chento, principal impulsor da celebración do evento en Palmeira.

Vidal quixo agradecer ao Club Futevolei Vigo e especialmente a Chento “por facer posible que esta Copa se celebre un ano máis”, e animou á cidadanía a participar “neste evento singular e a gozar do entorno privilexiado da Corna”.

O torneo, que terá formato de exhibición, emparellará xogadores novatos con outros máis experimentados, co obxectivo de promover a aprendizaxe e o goce do xogo. A competición desenvolverase durante toda a mañá e rematará cunha final prevista para as 14:30 horas. Posteriormente, celebrarase unha churrascada con música en directo para todos os participantes.

José Vicente Domínguez destacou a súa intención de seguir impulsando o futevolei na comarca: “temos moita ilusión por promocionar este deporte na zona para crear unha masa social e practicalo todos xuntos”. Tamén agradeceu o apoio do Concello de Ribeira na organización do evento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.