A Policía Local de Ribeira interceptou a pasada fin de semana catro persoas que superaran a taxa de alcol permitida

20 Maio 2025

Durante a madrugada do venres ao sábado 17 de maio, a Policía Local de Ribeira realizou un control preventivo de tráfico. No seu transcurso os axentes detectaron tres condutores que superaran a taxa de alcol permitida, causa pola que foron denunciados en vía administrativa, segundo o establecido no Regulamento Xeral de Circulación. Ademais, un cuarto condutor superou a taxa obxectiva de 0,60 mg/l, a cal delimita a infracción administrativa da infracción penal, polo que deberá asistir hoxe, martes 20 de maio, como investigado a un xuízo rápido, coa “circunstancia agravante” de que o condutor emprendeu a fuxida, sendo interceptado polos axentes catrocentos metros despois do lugar do control policial.

Doutra banda, os axentes informaron que na madrugada do sábado ao domingo 18 de maio foi denunciado en vía administrativa outro condutor menor de idade por dar positivo na proba de alcol, despois de ser interceptado cando conducía un vehículo de mobilidade persoal (VMP) pola estrada que une as parroquias de Oleiros e Ribeira, sen portar chaleco reflector, luz dianteira e traseira, elementos obrigatorios de protección.

A Policía Local de Ribeira reitera que “resulta habitual que nos encontremos a menores de idade circulando en vehículos de mobilidade persoal, en cuxo caso a responsabilidade recae sobre os seus titores legais”. Ademais disto, advirten que en ningún caso un condutor menor de idade pode circular polas estradas cunha taxa de alcol en aire expirado superior a 0 miligramos por litro. Toda a normativa sobre esta cuestión está dispoñíbel na web da Dirección Xeral de Tráfico, no apartado de novos regulamentos e nova formación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.