A Policía Local de Ribeira fai un chamamento á veciñanza para actualizar os datos dos móbiles no Padrón Municipal

18 Maio 2025

A Policía Local de Ribeira emitiu un comunicado no que fai un chamamento á veciñanza sobre a conveniencia de actualizar os datos do Padrón Municipal de Habitantes, o rexistro administrativo no que figura toda a cidadanía do municipio e no que se inclúe unha serie de datos relevantes como por exemplo o nome e apelidos ou o enderezo, entre outros, que se ben non teñen carácter obrigatorio, “é moi importante ter actualizados, como o número de teléfono de contacto.

Dende a Policía lembran que “na actualidade a telefonía móbil substituíu en gran medida aos teléfonos fixos que tiñamos na casa, porén os números de teléfono que a moitos nos constan no Padrón de Habitantes seguen sendo os dos teléfonos fixos que en moitos casos xa están dados de baixa, ou que non son de utilidade para contactar con nós cando estamos ausentes”. Por estes motivos, engaden, “actualizar o noso número de teléfono de contacto na Oficina Municipal do Padrón de Habitantes pode ser de moita utilidade en determinadas circunstancias nas que é preciso que a Administración contacte con nós con urxencia”. En concreto, os axentes poden precisar contactar cun veciño por diversos motivos, “como algunha emerxencia no noso domicilio, unha intervención co noso vehículo ou con algún membro da unidade familiar”. A Policía, para mellorar a información da que dispón, fai un chamamento á cidadanía para que acuda ao Concello e se asegure de que o número de teléfono está actualizado no Padrón.

Outros artigos

Vella Escola habilita un “pump track” en San Lázaro (Noia)

Desde esta fin de semana, a contorna de San Lázaro (Noia) conta cun novo espazo para gozar sobre rodas da man da xente de Vella Escola. Trátase dun circuíto pump track instalado con motivo do festival Antares. Permanecerá en Noia ata o vindeiro 1 de novembro, aberto...

+

Falece un motorista que se accidentou en Carnota

Pasadas as 21:40 horas do sábado, un particular informou ao 112 Galicia de que acababa de atopar unha moto accidentada fóra da estrada á altura do quilómetro 87 da AC-400, en Santa Comba (Carnota). O implicado estaba a carón do vehículo e precisaba asistencia...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.