A historicidade da ruta xacobea da ría de Muros e Noia centrará unhas xornadas da Academia Xacobea e dos concellos da comarca

28 Maio 2025

A Academia Xacobea, en colaboración coa Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia, celebrará dúas xornadas extraordinarias en recoñecemento á historicidade deste Camiño e que terán lugar en Noia o vindeiro venres 13 e sábado 14 de xuño. Así o veñen de acordar o presidente Asociación e alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, e o presidente da Academia Xacobea, Marcelino Agis Villaverde, nunha reunión celebrada en Santiago para ultimar o programa de actividades, que será dado a coñecer en breve.

Santiago Freire amosouse moi satisfeito “por seguir estreitando o noso vínculo coa Academia Xacobea, cuxo anterior presidente e moitos dos seus académicos xa teñen manifestado en máis dunha ocasión o seu recoñecemento á historicidade do Camiño da Ría de Muros Noia, e por seguir dando pasos adiante para divulgar a nosa ruta e conseguir novos apoios mentres agardamos pola chegada desa máis que merecida oficialización”.

Estas dúas novas xornadas darán continuidade á celebrada en novembro de 2023, denominada Camiño da ría de Muros e Noia. Portus Apostoli, durante a que o presidente da Academia Xacobea manifestara que “o respaldo histórico do Camiño da Ría de Muros Noia non admitía ningunha dúbida”.

Este encontro de xuño de 2025 chega tras o cambio nas presidencias de ambas as dúas entidades, toda vez que Santiago Freire tomou o relevo de Teresa Villaverde á fronte da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia en agosto de 2024 e Marcelino Agis sucedeu a Xesús Palmou á fronte da Academia Xacobea en xaneiro deste mesmo ano.

A loxística das xornadas será semellante ás celebradas hai dous anos, se ben con dúas importantes novidades: duplicarase o tempo das mesmas e por primeira vez Noia acollerá unha reunión plenaria e un xantar oficial da Academia Xacobea. O pleno terá lugar na mañá do sábado 14 de xuño nas instalacións do edificio Casino de Noia, postas a disposición da entidade polo Concello de Noia en 2023 para calquera actividade que a Academia Xacobea desexase realizar. Tras a celebración do plenario, estas mesmas instalacións acollerán unha mesa redonda na que prestixiosos poñentes debaterán sobre o Camiño de Santiago na Ría de Muros e Noia.

Previamente, o venres 13 de xuño terá lugar no Coliseo Noela unha Gala Xacobea aberta a toda a veciñanza, que incluirá actuacións culturais e musicais así como o acto oficial de ingreso de novos académicos. Estas xornadas están promovidas pola Academia Xacobea, en colaboración coa Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros e Noia e o Concello de Noia.

Outros artigos

Novos pasos para a materialización do futuro centro de saúde de Noia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou a semana pasada a localidade de Noia, onde foi recibido polo alcalde, Fran Pérez, e membros do Goberno municipal. A visita produciuse poucos días despois de que a Consellería de Sanidade solicitase formalmente...

+

O Mercado Municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido

Ribeira conta cun desfibrilador nunha das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para “seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia,...

+

Volve o Concurso de Pintura ao Aire Libre de Noia

O vindeiro sábado 12 de setembro, Noia volverá converterse nun gran lenzo ao aire libre coa celebración do XVIII Concurso de Pintura ao Aire Libre “Juan José Fernández Leiceaga, Sesé”, organizado polo Concello, que informou que🖌️ ao abeiro deste certame...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.