A función familiar “Protexendo o Camiño” chega este venres 23 de maio ao Centro Social de Abanqueiro

22 Maio 2025

O Centro Social de Abanqueiro (Boiro) acolle este venres 23 de maio un novo espectáculo para público infantil e familiar encadrado na axenda cultural do maio das Letras Galegas. Trátase da función Protexendo o Camiño, que dará comezo ás 20.00 horas. As entradas estarán dispoñíbeis na billeteira dende unha hora antes da función. A obra relátanos a historia de Peregrina e Iago e da súa principal misión: protexer o Camio de Santiago. As familias que asistan terán a oportunidade de coñecer estes personaxes da man de Polo Correo do Vento, cos que poderán debuxar e compartir historias do Camiño. Idade: de 4 anos en adiante.

Outros artigos

O domingo 17 de maio celébrase a sétima edición da BTT de Esteiro

A Asociación Deportiva Os Salta Rejos, coa colaboración do Concello de Muros, organiza o próximo domingo 17 de maio a VII BTT de Esteiro. “Será na área recreativa do Artón, cunha ruta longa e outra curta”, explicou o concelleiro de Deportes, Damián Torea, na...

+

Inestabilidade e chuvascos no sábado nas Rías Baixas e en Santiago

O sábado 9, estará marcado pola inestabilidade nas Rías Baixas e en Santiago, baixo a influencia das baixas presións situadas ao oeste de Portugal. Agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, aínda que irán aparecendo chuvascos co paso das horas. Na zona das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.