A Deputación volverá brindar o seu apoio aos empresarios de Ribeira para a celebración da nova edición de Gastromar

28 Maio 2025

O pasado venres 23 de maio unha delegación da directiva da Asociación de Empresarios de Ribeira reuniuse na sede da Deputación da Coruña co vicepresidente da institución provincial, Xosé Regueira Varela, con quen mantiveron unha xuntanza de traballa destinada a trasladarlle as principais necesidades e demandas do tecido empresarial da capital do Barbanza.

No transcurso da reunión a patronal amosoulle ao representante da Deputación as súas principais inquedanzas, que, segundo valoraron dende a asociación, “foron moi ben acollidas comprometéndose o vicepresidente, na medida das súas posibilidades, a prestarnos o seu apoio tanto económico, como operativo pois ante a nosa petición de axuda para a próxima edición da feira Gastromar”, que, como recordaremos, celébrase cada ano no mes de agosto exaltando os principais produtos pesqueiros e marisqueiros locais.

Dende a patronal tamén valoraron que o vicepresidente confirmase novamente (igual que o ano pasado) a súa presenza na mesma cun espazo propio de Turismo Deputación da Coruña coa súa campaña “A paisaxe que sabe”. A asociación agradeceu o compromiso do representante provincial co tecido empresarial de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.