A Deputación licita por 279.728 euros da última fase das obras de mellora da estrada DP 1105 en Boiro

08 Maio 2025

A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación das obras de renovación da capa de rodaxe do derradeiro tramo da estrada provincial DP 1105 entre os puntos quilométricos 14+031 e 15+603 ao seu paso polo termo municipal de Boiro.

A entidade provincial explicou que as obras suporán “o estendido unha capa de mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor en todo o ancho da plataforma da calzada, previa roza das marxes, apertura de cunetas e fresado con medios mecánicos das interseccións da vía con outras vías”.

O proxecto inclúe tamén a relocalización do paso de peóns situado á altura do PQ 15+107 para o que será necesaria a realización dun pequeno muro de escollera na marxe dereita e dous tramos de beirarrúa en ambas marxes da estrada.

Por último, inclúese a reposición das marcas viarias de eixe, bordes e pasos de peóns, así como a renovación da sinalización horizontal e vertical.

Este investimento súmase aos 1,5 millóns investidos pola Deputación da Coruña nos últimos anos para a renovación integral do firme en 13 quilómetros desta vía fundamental para a vertebración das comunicacións por estrada da comarca, que conecta os municipios de Noia, Lousame e Boiro e rexistra un elevado volume de tráfico co paso de máis de 4.500 vehículos diarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.