A Deputación celebra a Festa da Música con nove concertos noutros tantos concellos (incluídos Boiro e Padrón) durante o mes de xuño

26 Maio 2025

A área de Cultura da Deputación da Coruña celebra o Día da Música estendendo a súa programación a todo o mes de xuño cun ciclo de concertos que terán lugar en Vimianzo, Vilasantar, Boiro, Arzúa, Arteixo, Cee, Padrón, Culleredo e A Coruña. Con esta gran Festa da Música, a Deputación busca “ampliar a oferta cultural e poñer en valor a música galega en directo”. O programa dará comezo o vindeiro 11 de xuño en Vimianzo, co espectáculo A cadeira da avoa, de As Tareixas. A actuación será no auditorio da Casa da Cultura ás 11:00 horas. A mesma proposta repetirase o 19 de xuño en Vilasantar, no CEIP Présaras, ás 12:00 horas, e o 21 de xuño en Boiro, na área recreativa de Praia Xardín, ás 18:00 horas.

A formación A Banda da Loba presentará o seu espectáculo Lovismo o 19 de xuño en Arzúa, ás 21:00 horas, na praza de Galicia (en caso de choiva, será no Multiusos Terra do Queixo). Ao día seguinte, o 20 de xuño, o grupo levará a súa música ata o anfiteatro do Paseo Fluvial de Arteixo (con alternativa no auditorio en caso e mal tempo) e o 21 de xuño ata Cee, ao auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura, ás 22:00 horas.

O proxecto Agora é o tempo, de Francisco Castro & A banda dos Borges, poderá verse o 20 de xuño en Padrón, no atrio do Convento do Carme, ás 20:30 horas, e o 21 de xuño en Culleredo, no auditorio do edificio de Servizos Múltiples do Burgo, tamén ás 20:30 horas.

Tamén o 21 de xuño terá lugar un concerto de Carmela no Teatro Colón da Coruña, onde presentará o seu espectáculo Vinde todas.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.