A Deputación aproba unha achega de 100.000 euros para comprar novas embarcacións e equipamento ao Club de Remo Pobra

05 Maio 2025

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este luns 5 de maio, por unanimidade, o convenio co Club de Remo Pobra (Club Remo Puebla) polo que a institución provincial achegará 100.000 euros para a compra de novas embarcacións e material de adestramento e competición, tralo grave incendio que a entidade sofreu nas súa nave o pasado xaneiro e que lle supuxo a perda de todo o equipamento que se almacenaba nela.

Coa aprobación deste convenio, cúmprese o compromiso adquirido polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na súa visita á sede do club o pasado 9 de xaneiro, na que anunciou a concesión desta nominativa para a reposición do material destruído polo lume. Naquela visita, Formoso sinalou tamén que a subvención de 300.000 euros que a Deputación tiña prevista para a ampliación da nave “terá que ser reformulada”, en función da localización futura do club, xa que a nave quedou seriamente danada polo incendio.

Ao pleno asistiron o alcalde da Pobra, Jose Carlos Vidal, a tenente alcalde, Patricia Lojo, e representantes do Club, que foron recibidos polo presidente, ao que agradeceron a colaboración da Deputación para poder recuperar a súa actividade.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, interviu para agradecer o voto favorábel de todos os grupos políticos neste punto e anunciou que “nuns días o presidente estará na Pobra para asinar este convenio e axudar ao club na súa recuperación”.

Con esta axuda económica da Deputación, o Club de Remo da Pobra poderá adquirir novas embarcacións e material para desenvolver o seu labor. Entre o material recollido no acordo figuran tres traiñeiras de diferentes modelos, catro bateis, tres embarcacións de banco móbil, remos de fibra de carbono, así como máquinas de ximnasio e outro material de adestramento.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.