A Cámara de Santiago e a Deputación elaboran un plan conxunto para promover o emprendemento en 32 concellos da comarca (incluídos os do Barbanza)

20 Maio 2025

A presidenta da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, María Pais, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron na sede do organismo provincial, un convenio de colaboración para o financiamento do proxecto Fomento do emprendemento e a actividade empresarial da provincia, no marco do Plan de Emprego Local (PEL).

A iniciativa supón un investimento de 69.375 euros, dos que a Deputación achegará o 80% (55.500 euros) e pretende apoiar a posta en marcha de novos negocios na comarca de Santiago para “crear emprego de calidade, xerar riqueza e lograr un maior desenvolvemento socioeconómico que reverta en toda a provincia”, explicaron as entidades, engadindo que a finalidade específica é “contribuír á creación e consolidación de empresas, fomentar o autoemprego e proporcionar axuda para que mozos e mozas, sobre todo do rural, poidan desenvolverse na súa terra”.

“Esta alianza coa Cámara de Comercio de Santiago supón un paso máis na aposta da Deputación pola creación de emprego e o apoio ao empredemento, que se desenvolverá en tres ámbitos: o primeiro comprenderá accións dirixidas aos centros de ensino secundario, bacharelato e formación profesional para que a mocidade vexa o emprendemento como unha vía con posibilidades para o seu futuro; o segundo vai dirixido ás persoas emprendedoras, ás que se lle ofrecerá asesoramento nos seus proxectos para que se consoliden e expandan do mellor xeito posible; e o terceiro e último consistirá nun servizo de apoio para que esas pequenas empresas logren acceder a diversas liñas de financiamento”, explicou Valentín González Formoso, que destacou a importancia de contar nesta misión co “coñecemento e experiencia da Cámara de Comercio de Santiago”.

A presidenta da Cámara, María Pais, destacou o compromiso da Cámara “co fortalecemento do tecido empresarial e a promoción do crecemento empresarial e o emprego da demarcación cameral, traballando en estreita colaboración cos axentes clave do territorio, como é a Deputación, polo que agradeceu o compromiso compartido para lograr un desenvolvemento socioeconómico sostíbel e equitativo”

Ademais, este proxecto fomentará a coordinación e a creación de sinerxías entre entidades públicas e privadas, “o que redundará nunha maior porcentaxe de éxito das iniciativas que se sumen a el”, sinalaron.

Cabe destacar tamén o marcado carácter supramunicipal deste convenio, pois o seu ámbito de actuación esténdese a 32 concellos (A Baña, Ames, Arzúa, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Carnota, Dodro, Lousame, Mazaricos, Melide, Muros, Negreira, Noia, O Pino, Outes, Padrón, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Touro, Toques, Vedra e Vilasantar).

Por último, tanto a Cámara como a Deputación insisten en que a importancia de accións coma esta radica na capacidade de crear e consolidar empresas como unha das formas máis eficaces de loitar contra o desemprego.

Outros artigos

A pintura de Rosa Fernández Caamaño regresa a Noia

O Casino de Noia acolle do 4 ao 31 de agosto unha nova exposición da artista noiésa Rosa Fernández Caamaño, unha oportunidade para descubrir a obra dunha creadora profundamente vencellada á súa terra de orixe. Nada en Noia, Rosa Fernández Caamaño desenvolveu a súa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.