A axenda musical de Galicia Rompe achegará unha vintena de actuacións de primeira liña

21 Maio 2025

A organización do Galicia Rompe, evento de cultura e deporte urbanos de Porto do Son anteriormente coñecido como Rompetiño Jump, compartiu nas redes o cartaz de actuacións musicais da nova edición, a deste verán de 2025, que se desenvolve os días 4 e 5 de xullo (venres e sábado) convocando boa parte dos novos talentos deportivos, musicais e artísticos máis sobranceiros do panorama galego, estatal e internacional. Haberá novamente un completo programa de actividades e sorpresas.

No capítulo musical de Galicia Rompe, o recinto contará coa presenza de Disobey, Soto Asa, Albany, Israel B, Ill Pekeño & Ergo Pro, Arce, Raul Clyde, Ben Yart, John Pollón, Dirty Suc, Metrika, Hecky, D. Valentino, Selecta, C Marí, Tarchi, Kike Varela, PGJ e Carlota.

O evento vén dan do equipo Rompetiño coa colaboración da Xunta, Fest Galicia, Abanca, a Deputación da Coruña, Xacobeo e, por suposto, o Concello de Porto do Son, entre outras empresa e institucións.

Ademais, da música haberá como de costume demostracións e/ou exhibicións de break dance, BMX Cup (coa oitava edición da BMX Cup), surf, bodyboard ou parkour, ao que se engade unha competición de skate (Skatecup), unha proba da Liga Galega de Break e máis unha competición de Basket 3×3 con máis de 20 equipos en categorías femininas e masculinas de todas as idades.

Toda esta información podémola ir vendo no Instagram de Galicia Rompe.

Outros artigos

O Concello do Dodro rende homenaxe a Moncho Reboiras

O Concello de Dodro organiza unha homenaxe a Ramón Reboiras Noia, Moncho Reboiras, este mércores 12 de agosto, ás 13.00 horas na Lavandeira (Imo). Data na que se cumpren 51 anos do seu asasinato en Ferrol a mans da policía franquista. O aniversario do pasamento de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.