“Vigo padeceu, após a proclamación o 14 de abril da República, os primeiros dias da Guerra Civil”. Antón Luaces

15 Abril 2025

Do 14 ao 28 de xullo de 1936 -aínda que os acontecementos máis relevantes tiveron lugar entre os días 20 e 21 do mesmo mes e ano- a Guerra Civil española escribe na batalla de Vigo o que foi enfrontamento singular entre o exército sublevado e as milicias republicanas viguesas. Foron eses días os primeiros da Guerra Civil española e o combate máis relevante de cantos se produciron en Galicia, sen contar cos posteriores movementos guerrilleiros protagonizados nesta, hoxe en día, comunidade autónoma.

A que pode ser considerada coma unha “brutal batalla” saldóuse cunhas 50 baixas entre ambos os bandos, amáis de centos de feridos e prisioneiros. O resultado foi a victoria dos sublevados fronte a resistenza dos republicanos, ende ben cómpre salientar que a comarca de Vigo foi a derradeira zona de Galicia en caer nas mans do Exército Nacional. En concreto, a derradeira batalla nesta terra producíuse na Volta da Moura, en Tui.   

A maiores, a contenda desenvolvéuse en localidades preto de Vigo, como Moaña, Cangas ou Tui; en concreto nos barrios máis humildes de Vigo como Lavadores e O Calvario, O Seixo, onde había daquela unha maiior concentración de poboación. O escenário típico era a defensa miliciana dunha barricada ante o avance dos sublevados.

A CNT era a organización con máis peso, con milleiros de afiliados repartidos en disintintos sindicatos menores integrados no bando republicano, éste formado básicamente por afiliados aos sindicatos obreiros. A UGT era o sindicato con maior tradición en Vigo e con certa relevancia na escea da cidade.

As Xuventudes Libertarias (FIJL) e a FAI tiñan presenza na cjdade, mais con escaso peso social. Xunto co Sindicato Único de Metalurxia sumaban uns mil combatentes.   O bando sublevado contaba con 350 soldados situados en Vigo. A estes uníronse outros 350 militares (gardas civís e gardas de asalto, fundamentalmente) que, entre todos,  sumaban uns 750 efectivos. 

O Alzamento en Galicia foi promovido polo falanxista Manuel Hedilla, que se trasladou a Vigo o 18 de xullo de 1936. Pola noite, o xornal “El Pueblo Gallego” (posteriormente  integrado na Prensa do Movemento) informaba do levantamento militar ao igual que fixera Radio Vigo.

O 19 de xullo imprimiron o Bando de Guerra utilizado no seguinte día polos militares sublevados para tomar todo o territorio de Galicia. Era daquela Emilio Martínez Garrido (PSOE-Fronte Popular) o alcalde de Vigo quen organizou un comité de crise. A Garda de Asalto quixo protexer a cidade e a CNT solicitou armas. O único armamento a disposición dos colectivos era unha metralladora Parabellum, varias pistolas de pequeno calibre e 200 bombas caseiras.

O 20 de xullo, o capitán Antonio Carreró saía do cuartel da actual Rúa do Príncipe (daquela rúa Galán) cuns 50 soldados, e declaraba o estado de guerra.

Após a proclama de diversas mensaxes, os sublevados ¡nstalaron postos de metralladoras nalgunhas rúas importantes, levantando barricadas no Calvario, O Seixo e Os Choróns por parte dos milicianos. O día remata co asalto do concello a últimas horas da tarde e a detención do alcalde e o grupo de concelleiros. 

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.