“Un Día Internacional da Terra Nai á que insultamos e nos regala flores” – Antón Luaces

23 Abril 2025

É máis ca seguro que, dentro dun millón de anos, a Terra estará recuperada; pero non o necesario para a nosa ambición. Porque a Natureza fala, máis nós non a escoitamos.

Si, este 22 de abril celebrouse en todo o mundo o Día Internacional da Terra Nai coa intención de relembrarmos a importancia do noso planeta como a casa común de todos os seres que a habitamos.

O tamén denominado Día da Terra ten coma obxectivo fundamental chegar a un equilibrio entre a viabilidade e a saúde medioambiental e das necesidades sociais e económicas da nova xeración e as futuras.

O primeiro Día da Terra conmemorouse no ano 1970 co obxectivo de realizar unha gran mobilización que permitise visibilizar o movemento medioambiental, chegando aos 20 millóns de persoas as que se manifestaron esixindo respecto para o medio ambiente, un fito que contribuíu a asentar esta data do 22 de abril como o Día Internacional da Terra Nai.

En base ao éxito da citada manifestación, a administración estadounidense creou a Axencia para a protección do medio ambiente cuxos obxectivos son, fundamentalmente, a conservación das especies en perigo de extinción, a contribución á potabilización da auga e a limpeza do aire. Dous anos despois dese primeiro paso  celebrouse o primeiro cumio da Terra en Estocolmo, un cimeiro que sentou as bases do movemento ecoloxista a nivel político,

A día de hoxe, ata mil millóns de persoas dun cento de países participan nesa celebración. Pero a njvel de medio ambiente o panorama non mellora. E no que atinxe a Galicia, as expectativas de futuro nin moito menos melloran se nos baseamos na planificación da eólica marítima e terrestre, a minaría ou a instalación en  Palas de Rei da macrocelulosa de Altri, entre outros supostos atentados contra o territorio da comunidade autónoma galega.

Con este futuro máis ou menos inmediato que pon en perigo amplas zonas marítimas, humedais, rías, producións marisqueiras e pesqueiras coma as da ría de Arousa  e o  bordo litoral onde faenan as frotas de bajxura, está Galicia certamente en condicións de celebrar ese internacional Día da Terra Nai?.

Pouco futuro queda para esas celebracións: non se albiscan motivos para as mesmas, agás que se convoquen pensando en reivindicar o perdido ou o que xa non temos, aferrándonos ao dito de que insultamos á Terra Nai e esta ten para nós galanos como as flores que emerxen cada día.

Talvez teñamos que lle dar unha volta a estes conceptos. Aínda hai tempo para corrixírmonos.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.