Un cento de escolares de Ribeira celebrou o Día do Autismo con Amicos

02 Abril 2025

A asociación inclusiva da nosa comarca Amicos organizou este mércores, 2 de abril, unha xornada especial para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. O evento levouse a cabo antigo auditorio de Ribeira, onde se deron cita un cento de alumnos e alumnas de distintos centros escolares do concello e varios representantes e axentes institucionais e sociais da zona, así como integrantes do CEEPR e o Centro de Atención Integral de Amicos.

O acto comezou cunha lectura do manifesto, no que tanto Alfonso, residente do fogar Amicos, como o resto da comunidade puxo o foco en que cada persoa con trastorno do espectro autista posúe unhas particularidades e necesidades propias, polo que son necesarios uns apoios individualizados, para o que as administracións públicas son esenciais.

Pola súa banda, os nenos Aroa, Mateo e Fran destacaron a importancia dunha educación inclusiva, así como dunhas actividades extraescolares adaptadas e accesíbeis a tódolos nenos e nenas.

A lectura foi apoiada pola coordinadora de Amicos, Nuria Fernández.

Ata o auditorio achegáronse alumnos e alumnas do CEIP O Grupo, o CPR Bayón e o CPR Galaxia, aos que acompañaron tamén a concelleira de Educación, Igualdade e Diversidade de Ribeira, Cruz Rivadulla; o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones; de Medio Rural e Servizos Municipais, Tania Redondo; o concelleiro de Servizos Sociais e Mercados Municipais, Vicente Mariño; e do Mar, Fernando Abraldes.

Así como a vicepresidenta da entidade, Digna Iglesias; e usuarios de A Creba, e representantes de AGADEA, Cruz Vermella, AGAPE e BarbanTEA, entre outros representantes sociais da localidade.

Tralo manifesto, Cruz Rivadulla, concelleira de Educación de Ribeira, destacou a dificultade que teñen os rapaces con trastornos TEA á hora de comunicarse e aprender; por iso “precisan persoas que os axuden, non só os especialistas senón tamén os compañeiros. Neste senso, fixo un chamamento aos escolares “cando teñades un compañeiro no patio que ten problemas para explicarse pídovos que teñades empatía”. Rivadulla terminou a súa intervención pondo o foco no máis importante da educación: “Saber tratar aos compañeiros, sobre todo cando precisan axuda”.

Digna Iglesias, vicepresidenta de Amicos, puxo o aceno na importancia que ten este 2 de abril: “Hoxe un día moi especial para Amicos porque é unha maneira de darvos as grazas e que vexades os problemas diferentes que hai e que se poden solucionar”; ademais da importancia que ten contar coa cativada e os demais sectores da sociedade para traballar neste tipo de accións”.

Dende AGAPE de Ribeira tamén se falou da necesidade de “traballar pola inclusión que aínda é unha utopía”. Así como Olga Moledo de BarbanTEAquen indicou que “pouco a pouco imos chegar á inclusión real”.

A continuación realizáronse distintas dinámicas lúdicas co obxectivo de derribar falsos mitos sobre o TEA. Así, os axentes de Amicos conduciron un Pasa palabra no que había que adiviñar distintos conceptos relacionados con este trastorno, e un Quen é quen que tiña como obxectivo descubrir algunhas das ideas preconcibidas que circulan sobre o TEA.

O obxectivo destes xogos é resaltar que cada caso de cada persoa con trastorno do espectro autista é único, e que os falsos mitos só se derruban con información e inclusión.

A campaña #somosinfinitos

Arredor dunhas 500.000 persoas teñen trastorno do espectro autista en España, o que indica unha prevalencia de 1 persoa por cada 100 nacementos. E a pesar do incremento na inclusión e a normalización do TEA nos últimos anos, este segue estando rodeado de mitos.

Un ano máis, o obxectivo da campaña impulsada por Autismo España é resaltar que cada caso persoa é única. Por iso, explican “é importante concienciar sobre a importancia e a necesidade duns apoios especializados e individualizados que se adapten á etapa do ciclo vital de cada unha destas persoas, e para conseguilo é vital reclamar unha maior implicación de tódolos axentes sociais para a defensa dunha boa calidade de vida e unha sociedade equitativa, en igualdade de condicións”.

Outros artigos

Arrastreiro de Ribeira investigado por captura de golfiños

A Garda Civil denuncia ao patrón tras a difusión de vídeos en redes sociais que mostran a captura de cetáceos en Galicia. Segundo recolle a web costaoeste.gal, a denuncia contra o patrón do arrastreiro de Ribeira xerou gran preocupación no sector pesqueiro galego e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.