Un accidente afecta a 12 vehículos e provoca 9 feridos na AG-11 ao seu paso polo concello de Rianxo. Video

04 Abril 2025

 A última información recollida polo 112 Galicia, nove persoas foron finalmente trasladadas por Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

A vía permaneceu cortada á altura do quilómetro 10 en sentido Ribeira e os vehículos poden abandonar a autovía pola saída de Catoira. Os servizos sanitarios atenden a unha persoa que viaxaba no primeiro vehículo implicado.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente dez minutos despois das 19:30 horas, a través dun particular que informou dunha colisión entre varios vehículos no quilómetro 14 da AG-11, á altura da parroquia rianxeira de Isorna e en sentido Ribeira. Nun primeiro momento, o alertador explicou que inicialmente se tratara dunha colisión entre tres vehículos, e que a continuación acabaran colidindo en cadea os restantes.

Os Bombeiros de Boiro sinalaron pouco despois desde o punto que había 14 vehículos implicados. Entre eles, un autobús de pasaxeiros no que todos os ocupantes resultaron ilesos.

O operativo contou coa participación da Policía Local de Rianxo,  Garda Civil, Garda Civil de Tráfico, 061 de Rianxo, Boiro e Padrón e voluntarios de Protección Civil

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña Dotación de garda do SPEIS 03 con base en Boiro traballando nun accidente múltiple no quilómetro 13 da AG-11 dirección Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.