ULA Libraría Social (Outes) acolle este venres a presentación de “Dolores compartidos”

24 Abril 2025

ULA Libraría Social, con sede na Serra de Outes, vai acoller este venres 25 de abril a presentación do libro Dolores compartidos (Retazos de historias para colectivizar el malestar), editado por Virus e Kaótica Libros. Será ás 19.00 horas deste venres, no local da ULA no 11 da rúa da Capela, na Serra.

Intervirán Itxi Guerra, O Rabelo e Ana M. Amigo Ventureira. Segundo adiantan, “Dolores compartidos non é un libro é un interruptor, unha suma de interruptores curtocircuitados, moitas veces socialmente rotos, que se conectan (ou non) entre si a través de berros, coidados, bágoas e algunha que outra lapa…. Unha especie de interruptor conxunto, híbrido e mutante, unha rede de interruptores, destes que premes e de súpeto a cadeira electrocútate o cu…. Un interruptor que xoga con esa dor, unha dor que pode converterse en amábel ou incluso pracenteira en función da situación, ou que pode rabuñarte por dentro sen previo aviso”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

Eu non son experto en política internacional nin en estratexias militases. Son un cidadán do día a día, dos que prenden a televisión, len as noticias e tratan de entender o que está a pasar co mundo no que vivimos. E o que vexo ultimamente con Donald Trump á fronte de...

“1.635” – Xulio Xiz

“1.635” – Xulio Xiz

A U.E. veu racionalizar determinadas festas neste país trasladándoas ao domingo inmediato, para harmonizar o calendario de traballo nos diversos países, aínda que en ocasións como o Nadal sigan existindo festivos e vésperas alternándose con tal ritmo que é difícil...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.