UCIN demanda o acondicionamento da N-550 entre Pontecesures e Santiago de Compostela

01 Abril 2025

Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) de Galicia presentou un comunicado no que reclama o arranxo urxente do treito da estrada N-550 que une Pontecesures con Santiago. Segundo indican, “percorrer os 23,0 quilómetros que separan as dúas localidades a través da N-550 supón unha auténtica odisea: invasións de carril, cambios constantes de velocidade, fochas e falta de beirarrúas son os compañeiros de travesía”.

Unión de Cidadáns Independentes demanda unha vella reivindicación dos veciños da N-550 entre Pontecesures e Santiago de Compostela, fundamentada no “estado de abandono” que presenta esta estrada nacional, sinala a plataforma. A modo de rogo, o coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, pedirá ás administracións que atendan as deficiencias que presenta esta estrada nacional, con independencia da súa titularidade. Incide neste dato posto que “ao parecer, estas administracións non actúan na zona porque argumentan a falta de competencia ao ser un tramo afectado por Fomento”, comenta, engadindo que “desde UCIN cremos que é o momento de xestionar e esquecerse de competencias”.

En concreto no comunicado reflicte o malestar dos residentes da Escravitude, que denuncian a falta de beirarrúas e a existencia de entullo na zona, numerosas fochancas e pozas, ademais dunha iluminación insuficiente. Engaden que as silvas crecen á beira da estrada e piden máis papeleiras, dado que é tramo do Camiño de Santiago.

Seguindo este fío, UCIN insta aos gobernos central, autonómico e local, despois das reunións con algúns veciños deste treito, a prestar atención a esta nacional 550, “empezando pola súa limpeza e acondicionamento posto que, lembra, á hora de pagar os impostos municipais fano como os demais”. Indican que neste treito “un non sabe moi ben a que velocidade circular. Primeiro 90 quilómetros por hora, logo 50, logo 70, daquela outra vez 50. Se a iso sumámoslle a falta de mantemento e beirarrúas, acaba sendo un perigo para condutores e cidadáns”.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.