Todo listo para o comezo da LXII Clásica de Pascua

21 Abril 2025

A Clásica de Pascua-Memorial Francisco Rodríguez Pazos, organizada polo Club Ciclista Padronés Cortizo, celebra esta semana a súa edición número 62 e faino con importantes novidades. A primeira é relativa percorrido, xa o que o Club decidiu incrementar a súa distancia e dureza para dotala de maior competitividade. A segunda refírase á data, xa que, rompendo coa tradición dos últimos anos, a Clásica deixa o sábado de Pascuilla e trasládase ao martes de Pascua, este martes 22.

Nesta edición, a Clásica de Pascua aumentará o seu percorrido ata os 154 quilómetros, 23 máis que nos últimos anos, e farao para introducir no seu perfil a subida a Cruxeiras, protagonista na pasada edición da Volta, na etapa que tivo como punto de partida e chegada o Campus Tecnolóxico de Cortizo.

O pelotón partirá ás 10.00 horas da chaira de O Souto e emprenderá rumbo a Rianxo, unha vez que se completou o paseo neutralizado polas inmediacións de Padrón. Os ascensos de Bexo e O Palleiro serán as primeiras dificultades que se atoparán os participantes antes de regresar á capital do Sar para afrontar a dobre subida a Formarís. Superado o ecuador, a carreira dirixirase pola N 550 cara a Casalonga, desviándose nese punto cara á capital do concello de Teo, Ramallosa. A organización confirmou que os pasos por Faramello e Cornide poderían empezar a filtrar o pelotón camiño de Cruxeiras, onde chegarán tras deixar atrás Pontevea e Carcacía. Alcanzada a cima, os corredores terán un descenso complicado desde Lampai a Pazos rumbo ao tramo definitivo da carreira: a subida a Augasantas desde Liñares. Este porto, con tramos ao 13%, foi determinante nas últimas edicións da Clásica de Pascua. De feito, “a tradición di que o corredor que o coroa en primeiro lugar acaba adxudicándose a proba”, explicaron os organizadores na presentación da mesma, engadindo que o último en facelo foi Ramón Fernández, do Cortizo, vencedor o pasado ano.

A clásica padronesa rompe este ano coa tradición e trasládase do sábado de Pascuilla ao martes de Pascua co obxectivo de “poder abrir a participación a máis equipos que non teñen a posibilidade de dobrar carreiras se coincide en vésperas de Copa de España”, explicou os días pasados o presidente do Padronés, Tanis Vázquez. “Inicialmente queriamos facela o sábado de Pascua, pero ao coincidir coa operación saída e outros eventos non obtivemos a autorización de Tráfico”, aclarou.

Entre os concellos polos que discorrerá a proba atópase o de Rois, que xa compartiu nas redes a súa parte do percorrido, decisivo para a resolución final da carreira.

Outros artigos

Mats Wenzel imponse na 63ª Clásica de Pascua

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado polos concelleiros Chus Campos e Luis Mariño, participou activamente este domingo 12 de abril na 63ª Clásica de Pascua, sendo o encargado de dar a saída oficial da proba coa tradicional corta de cinta e formando parte...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.