Sancionadas catro persoas por pesca irregular no Parque Nacional das Illas Atlánticas

21 Abril 2025

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural resolveu nos últimos días tres expedientes sancionadores por pesca irregular no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia que afectan a un total de catro persoas e por un importe global que supera os 17.400 euros.

O departamento dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático iniciou os procedementos a raíz de distintas denuncias presentadas polos axentes medioambientais ou forestais presentes na contorna e unha vez analizadas as probas e evidencias facilitadas. Máis tarde deuse a posibilidade aos interesados de que presentasen alegacións no marco do procedemento administrativo seguido contra eles.

O primeiro dos expedientes, cunha sanción de 6.002 euros, é contra unha persoa por practicar pesca deportiva desde embarcación a motor e marisqueo mediante mergullo con pesas sen autorización en augas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Polo tanto, impútaselle a comisión de dúas infraccións administrativas graves recollidas na lei pola que se declara o parque, concretamente a realización de actividades de pesca deportiva non permitidas e a navegación e práctica do submarinismo en augas do parque, así como o fondeo e amarre nos arquipélagos sen a autorización correspondente.

O segundo caso, no que se impón unha sanción solidaria de 9.003 euros a dúas persoas, é por practicar a pesca deportiva empregando unha embarcación de lecer -da 7ª lista- no arquipélago de Ons. Durante a instrución considerouse probado que os interesados estiveran pescando de xeito irregular e que navegaran e fondearan na zona sen contar coa autorización necesaria para poder facelo.

O terceiro expediente, cunha sanción de algo máis de 2.400 euros, é contra unha persoa por realizar pesca deportiva desde embarcación a motor nas proximidades do illote Centolo, tamén dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Neste caso, considérase que incumpriu a norma que impide a realización de actividades de pesca deportiva nos espazos pertencentes a esta área protexida.

A Xunta lembra a importancia de velar pola protección dos espazos naturais protexidos da comunidade e a transcendencia de loitar contra as actividades furtivas -as actividades cinexéticas e de pesca deportiva prohibidas- acompañando o labor de vixilancia coa concienciación do conxunto da cidadanía no respecto ao medio ambiente.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.