Sábado 19, chuvias frecuentes puntualmente de intensidade forte, baixa da temperatura

18 Abril 2025

Este sábado Santo, as condicións meteorolóxicas na costa das Rías Baixas estarán marcadas pola inestabilidade debido á proximidade das baixas presións. Espéranse chuvias frecuentes e, en ocasións, de intensidade forte, acompañadas de vento intenso do oeste-noroeste.

Ademais, as temperaturas experimentarán un notable descenso (6 mínima/ 13 máxima), situándose por baixo do habitual para esta época do ano. Existe tamén a posibilidade de fenómenos meteorolóxicos adversos como sarabia e treboadas, que poden afectar tanto ao litoral como ao mar.

meteogalicia

Durante a xornada do sábado, Galicia estará baixo a influencia de baixas presións que traerán consigo unha marcada inestabilidade atmosférica e aire frío. Prevese un día con chuvias frecuentes que, en certos momentos, poderán caer con intensidade forte.

As precipitacións poderán ser en forma de neve por riba dos 900 metros pola mañá, ascendendo progresivamente a cota pola tarde. As temperaturas rexistrarán unha notable baixada, situándose en valores inferiores aos habituais para esta época do ano.

Os ventos soprarán intensos desde o oeste-noroeste, e existe a posibilidade de episodios de sarabia e treboadas. En definitiva, unha xornada marcada por condicións meteorolóxicas adversas.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 4 a 5 á mañá e 5 a 7 á tarde e á noite. Forte marusía. Visibilidade regular á mañá e á noite e mala á tarde. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.