Sábado 12, xornada de inestabilidade con descenso das temperaturas

11 Abril 2025

Galicia continuará este sábado baixo os efectos do aire frío en altura, o que manterá a inestabilidade atmosférica en todo o país.

Como resultado, os ceos estarán parcialmente cubertos con intervalos de nubes e chuvascos, que serán máis intensos pola tarde e no interior, onde poderán rexistrarse treboadas locais.

As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas máximas, Na comarca teremos entre 14 de mínima e 19 de máxina. Na capital galega, Santiago de Compostela, espérase que os termómetros oscilen entre os 12ºC de mínima e os 18ºC de máxima.

Os ventos soprarán do oeste-suroeste con intensidade frouxa en xeral, sen grandes variacións ao longo da xornada.

meteogalicia

ANACE SEMANA SANTA: Tempo inestable con chuvascos todolos dias e temperaturas en descenso.

meteoblue
wetterzentrale

O noso mar: Vento variable á mañá, do sudoeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.