Rois abre o prazo de solicitudes para dous campamentos de verán en Cabana de Bergantiños

07 Abril 2025

Coa finalidade de que as familias poidan planificar con tempo as actividades e o seu calendario de conciliación durante o verán, o Concello de Rois abre xa o prazo de inscrición nos campamentos de verán. Estes campamentos realizaranse en agosto na localidade de Cabana de Bergantiños e estarán destinados a cativada nada entre os anos 2008 e 2017, que se dividirán en dúas quendas: unha infantil e outra xuvenil.

Nenas e nenos terán a oportunidade de desfrutar dunha semana de convivencia no albergue de Cabana de Bergantiños realizando diferentes actividades náuticas e ao aire libre. A primeira quenda, a infantil para cativada nada entre os anos 2013 e 2017, levarase a cabo do 10 ao 16 agosto. Tomarán o relevo os xuvenís, nados entre o 2008 e o 2012, entre o 17 e o 23 de agosto.

O prezo será de 240 euros por rapaz/a participante, con bonificacións dun un 15 por cento menos no total para segundo irmán, familias numerosas ou monoparentais e menores con discapacidade. O custo inclúe aloxamento nun albergue, pensión completa, monitorado as 24 horas, transporte para as excursións, actividades náuticas, material e seguro.

As inscricións realizaranse ata o martes 22 de abril cubrindo o formulario dispoñíbel na páxina web do Concello de Rois no apartado Xestións e trámites e, dentro deste, en Formularios de trámites. As prazas, limitadas a vinte por campamento, están dirixidas preferentemente a cativada empadroada en Rois. No caso de haber máis solicitudes que prazas procederase á realización dun sorteo.

Non obstante, e no caso de que o número de solicitudes o permita, ademais do empadroamento valoraranse os seguintes criterios para a distribución de prazas:

•Menores escolarizados/as nos centros educativos de Rois

•Menores cuxos proxenitores/as teñan o seu centro de traballo no municipio

•Menores cun vínculo familiar a persoas censadas en Rois ata o 2º grao de parentesco

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.