Ribeira conmemora o Día das Artes Galegas 2025 cunha conferencia sobre Isaac Díaz Pardo

23 Abril 2025

Este xoves, 24 de abril de 2025, o Museo do Gravado de Artes acollerá a conferencia “Isaac Díaz Pardo, o pintor que non quixo ser artista”, impartida pola historiadora da arte Rosario Sarmiento. A cita, que comezará ás 20:00 horas, enmárcase nas celebracións do Día das Artes Galegas 2025, dedicado este ano á figura do polifacético creador galego Isaac Díaz Pardo.

O evento está organizado polo Concello de Ribeira, en colaboración coa Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. Para facilitar a asistencia, habilitarase un servizo de autobús gratuíto con saída desde Ribeira ás 19:00 horas e regreso ás 21:00 horas. As persoas interesadas en facer uso deste servizo deberán reservar praza escribindo ao correo: normalizacion@ribeira.gal.

Isaac Díaz Pardo (1920–2012), recoñecido polo seu labor como pintor, deseñador, ceramista e intelectual, será o protagonista desta xornada de reflexión arredor da súa complexa relación coa arte e a súa firme implicación coa cultura galega. A actividade promete ser unha oportunidade única para profundar na vida e obra dun dos grandes referentes da Galicia contemporánea.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.